Subir nota



Co fin de permitir que poidades subir a nota na área de Educación Musical, ochifro.blogspot.com está ofertándovos grupos de traballos, concursos, traballos... co fin de que aprendades algo máis dalgúns temas e poidades apañar algún punto para a vosa nota de música.

Se queredes subir nota, tedes as seguintes opcións:

Traballo sobre a Danza

Podedes presentar un traballo que estea relacionado coa danza: a danza en xeral, un estilo en concreto, un grupo ou bailarín...

Traballo sobre a Ópera

Podedes presentar un traballo que estea relacionado coa ópera: a ópera en xeral, unha ópera en concreto, un autor operístico, un xénero de ópera...

Traballo sobre un Compositor

Podedes presentar un traballo que estea relacionado cun compositor relevante para a historia, ben sexa clásico, pop, rock... pero debe ser relevante.

Traballo sobre a Música no Cine (BSO)

Podedes presentar un traballo que estea relacionado coas Bandas Sonoras Orixinais (BSO ou OST), compositor de BSO...

Traballo sobre a Música Tradicional Galega

Podedes presentar un traballo que estea relacionado coa música tradicional galega: un xénero musical, un grupo ou músico relevante...

Traballo sobre un/unha cantante

Podedes presentar un traballo que estea relacionado cun cantante ou grupo relevante.




Podes descargar plantillas para a realización dos traballos:


Pódese empregar:
  LibreOffice (descarga gratuíta)
  FreeOffice (descarga gratuíta)
  WPS Office (descarga gratuíta)
  Calligra Office (descarga gratuíta)
  OpenOffice (descarga gratuíta)
  MSOffice Online (acceso gratuíto)
  ZohoOffice Online (acceso gratuíto)



Publicacións populares

Imaxe

A good little devil