¿Continuamos con algo de movemento?
¿Que vos parece continuar coa sesión de fitnes?
Para esta semana, a parte de repasar os exercicios de repaso que temos en O Chifro, propóñovos aprender un pequeno baile... lembrade que son actividades para escoller e/ou repartir durante toda a semana.
... ou seguir deseñando as vosas propias actividades de fitnes, como a semana pasada...
Se quedaches con ganas de máis... ¿por que non escoitas un tema de Triángulo de Amor Bizarro?
Un grupo daquí que o peta a nivel nacional...
Lembrade que, logo de facer exercicio é importante estirar e relaxarse, pode poñer unha música relaxante e facer os estiramentos que aprendiches en educación física ou, se o necesitas, deixoche un pequeno vídeo de ioga para practicar.