Sexamos monitores de Fitnes
Actividades para a semana do 23 ao 27 de marzo de 2020
¡Imos a espabilar o corpo esta semana, que boa falla nos fai!
Aquí vos deixo a actividade para esta semana. É unha actividade que vale para todos os niveis coa intención de traballar o ritmo, a forma, o movemento e, sobre todo, a creatividade.
Actividade:
Deixovos tres músicas sobre as que tedes que improvisar exercicios de fitnes para toda a familia. O neno/a será o monitor e o resto da familia intentará seguilo nos seus exercicios físicos e de coordinación.
Se son varios irmáns, poden ir alternándose.
Tamén se pode, por suposto, facer con outras músicas.
NOTA:
Lembrade que sempre é bo repasar os exercicios traballados na clase. Ide á lapela "Repasar".
Acceso directo
Ánimo!!